Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.506

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de agosto de 2001 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron os procesos selectivos para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino diversos postos do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información, analista-programador (grupo B) e corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática pertencentes a distintas consellerías, convocados polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro).

Convocados polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Púlica do 12 de setembro de 2000 procesos selectivos para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino de diversos postos do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información; analista-programador (grupo B) e corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática pertencentes a distintas consellerías, unha vez elevadas as propostas dos tribunais dos aspirantes que superaron os citados procesos, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron os procesos selectivos para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino diversos postos do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información; analista-programador (grupo B) e corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática pertencentes a distintas consellerías, convocados polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000 (DOG nº 190, do 29 de setembro) para a elección de destino, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, s/n en Santiago de Compostela, o día 4 de setembro de 2001 ás 11.30 horas, podendo elixir segundo a orde obtida no correspondente proceso selectivo, entre os postos que se relacionan nos anexos I, II e III desta orde.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública