Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.457

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 198/2001, do 27 de agosto, polo que se establecen normas sobre os medios materiais que se utilizarán nas eleccións ó Parlamento de Galicia de 2001.

A disposición adicional da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, faculta a Xunta de Galicia para que dicte as disposicións precisas para o cumprimento e execución do previsto nesa lei.

Con base nesta facultade, o Decreto 226/1997, do 25 de agosto, en desenvolvemento da disposición aludida, estableceu as normas sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e documentación que se utilizaron nas eleccións ó Parlamento de Galicia de 1997, remitíndose, como lexislación supletoria, no non previsto nel, á normativa reguladora das eleccións ó Congreso dos Deputados das Cortes Xerais.

Modificada a devandita norma polo Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais, e atendendo á necesaria integración dos principios recollidos na lei electoral autonómica no marco da normativa electoral xeral, resulta conveniente modifica-lo preceptuado polo citado Decreto 226/1997.

De acordo con estas directrices e na experiencia acumulada nos sucesivos procesos electorais acaecidos na nosa Comunidade Autónoma, este decreto, que derroga o Decreto 226/1997, do 25 de agosto, constituirá o marco regulamentario que regulará os medios materiais que se van utilizar no proceso electoral autonómico, o que redundará nunha maior claridade e sinxeleza da norma en beneficio das forzas políticas que concorran ós comicios autonómicos e dos propios electores.

Por todo o exposto e en virtude da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Gali

cia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, que faculta, na súa disposición adicional, a Xunta de Galicia para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o seu cumprimento e execución, faise necesario modifica-la redacción da vixente norma sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e demais impresos que se van utilizar nas eleccións ó Parlamento de Galicia.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de agosto de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Locais electorais.

Os locais que se utilicen nas eleccións ó Parlamento de Galicia, reunirán as condicións necesarias para o seu fin, estarán perfectamente sinalizados no referente a seccións e mesas, serán preferentemente de titularidade pública, de entre eles os de carácter docente, cultural ou recreativo, e deberán ser accesibles ás persoas con limitacións de mobilidade.

Os concellos sinalizarán convenientemente os locais correspondentes a cada sección e mesa electoral.

A Xunta de Galicia porá ó dispor dos concellos os medios económicos e materiais que lles permitan levar a cabo o acondicionamento dos locais electorais.

Artigo 2º.-Urnas.

Cada mesa electoral disporá dunha urna que se axustará ás caracteristicas que figuran no anexo I do Real decreto 605/1999, do 16 abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

Excepcionalmente, e cando o número de electores correspondentes a unha mesa o aconselle, porase ó dispor dos votantes unha segunda urna, coas caracteristicas sinaladas no parágrafo anterior. Previamente á súa utilización, o presidente da mesa verificará que se atopa baleira e situaraa de par da xa utilizada, que será debidamente pechada, procedéndose a partir dese momento a utilizar exclusivamente a segunda urna

As urnas, despois de montadas e precintadas, seranlles entregadas, contra recibo, ós presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos.

Os precintos consistirán nun peche que impida a apertura da urna sen coñecemento dos membros da mesa e dos interventores. De producirse a ruptura ou deterioración do precinto, o presidente da mesa se non pode obter oportunamente outra urna da Xunta Electoral de Zona, asegurará o peche desta con calquera elemento que teña ó seu dispor.

A Xunta de Galicia porá ó dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte das urnas.

Artigo 3º.-Cabinas.

No mesmo cuarto no que se desenvolva a votación, e en lugar intermedio entre a entrada e a mesa electoral, existirá, polo menos, unha cabina na que o votante poderá selecciona-las papeletas electorais e introducilas nos correspondentes sobres. No seu interior, nos compartimentos destinados para o efecto ou de par da cabina, haberá unha mesa con número suficiente de sobres e papeletas de cada candidatura.

As cabinas que se utilizarán nas eleccións ó Parlamento de Galicia axustaranse ás caracteristicas que figuran no anexo II do Real decreto 605/1999, do 16 abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

As cabinas, despois de montadas, seranlles entregadas, contra recibo, ós presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos.

A Xunta de Galicia porá ó dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte das cabinas.

Artigo 4º.-Papeletas e sobres.

As papeletas e sobres electorais conterán as características que se sinalan no artigo 32 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, e as que se establecen no artigo 70.1º da Lei orgánica 5/1985, do 19 xuño, de réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 1/1987, do 2 abril, pola Lei orgánica 8/1991, do 13 de marzo, pola Lei orgánica 6/1992, do 2 de novembro, pola Lei orgánica 13/1994, do 30 de marzo, pola Lei orgánica 3/1995, do 23 de marzo, pola Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, pola Lei orgánica 1/1997, do 30 de maio, Lei orgánica 3/1998, do 15 de xuño e pola Lei orgánica 8/1999, axustándose ás características e condicións de impresión sinaladas nos anexos I e II deste decreto.

De acordo co disposto no punto cuarto do artigo 31 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, os delegados provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou as persoas que os substitúan, poñerán ó dispor dos presidentes das mesas electorais papeletas e sobres en número suficiente.

Artigo 5º.-Impresos electorais.

Apróbanse os modelos de impresos que figuran nos anexos III ó IX deste decreto, que serán de utilización obrigatoria en tódolos trámites e operacións nas eleccións ó Parlamento de Galicia.

Os impresos ós que se fai referencia no parágrafo anterior terán carácter oficial serán facilitados, en tempo, pola Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Disposición adicional

Primeira.-Serán igualmente válidos os impresos emitidos pola Oficina do Censo Electoral con motivo das eleccións ó Parlamento de Galicia.

Segunda.-De conformidade co disposto no artigo 19.1º g) da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, os impresos EPG 7.1, EPG 7.2 e EPG 7.3 así como os impresos EPG 9.1., EPG 9.2., EPG 9.3. e EPG 9.4. requiren a aprobación da Xunta Electoral Central para a súa validez, polo cal non se publican nos anexos VII e IX.

Terceira.-Tanto para o aboamento das cantidades ás que fai mención este decreto, como para a entrega das papeletas, sobres e demais impresos electorais, deberán observarse, en tódolos seus termos, as instruccións económico-administrativas que dicte a Consellería da Presidencia e Administración Pública con motivo das eleccións ó Parlamento de Galicia de 2001.

Disposición derrogatoria

Única.-Queda derrogado o Decreto 226/1997, do 25 de agosto, polo que se establecen normas sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e documentación que se utilizará nas eleccións ó Parlamento de Galicia e cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto neste decreto.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de agosto de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Eleccións ó Parlamento de Galicia de 2001

Relación de impresos con expresión

da súa referencia

ANEXO I

Papeletas de votación

EPG1.1. Papeletas de votación.

ANEXO II

Sobres de votación

EPG 2.1. Sobres para papeletas de votación ó Parlamento de Galicia.

ANEXO III

Constitución de coalicións electorais e presentación de candidaturas

EPG 3.1. Comunicación da constitución da coalición electoral.

EPG 3.2. Presentación de candidatos ó Parlamento de Galicia.

EPG 3.3. Presentación de candidatos ó Parlamento de Galicia por agrupación de electores (folla de sinaturas).

ANEXO IV

Documentación para o voto por correo

EPG 4.1. Solicitude para o voto por correo. Exemplar para a DPOCE (impreso múltiple).

EPG 4.1a. Exemplar para o interesado. Copia.

EPG 4.2. Sobre para envío á DPOCE solicitude certificado de inscrición no censo electoral.

EPG 4.3. Sobre para remisión documentación voto por correo.

EPG 4.4. Sobre dirixido ó presidente da mesa.

EPG 4.5. Sobre para remisión de documentación voto por correo ós inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes no Estranxeiro.

EPG 4.6. Sobre dirixido ó presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes no Estranxeiro (non gratuíto).

EPG 4.6 a. Sobre dirixido ó presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no Censo Electoral de Residente Ausentes no Estranxeiro (gratuíto).

ANEXO V

Nomeamento de membros das mesas electorais

EPG 5.1. Lista de electores capacitados para presidentes e suplentes.

EPG 5.2. Lista de electores capacitados para vocais e suplentes.

EPG 5.3. Comunicación dos concellos á Xunta Electoral de Zona correspondente, da formación de mesas electorais.

EPG 5.4. Nomeamento de membros da mesa (impreso múltiple catro follas).

EPG 5.4 a. Comunicación de datos de identificación ó xuíz.

EPG 5.4 b. Comunicación datos identificación (copia).

EPG 5.4 c. Xustificante de recepción do nomeamento polo interesado.

EPG 5.5. Sobre para remisión notificación a membros de mesas electorais.

EPG 5.6. Comunicación a xuíces de Primeira Instancia ou de Paz da composición das mesas electorais.

EPG 5.7. Citación a membros das mesas electorais.

ANEXO VI

Nomeamento de interventores e apoderados

Interventores

Nomeamento de interventores

(impreso múltiple de catro follas)

EPG 6.1. Matriz.

EPG 6.1 a. Credencial.

EPG 6.1 b. Comunicación ó presidente da mesa electoral de votación da que forma parte.

EPG 6.1 c. Comunicación ó presidente da mesa electoral de votación da lista electoral na que figura inscrito.

EPG 6.2. Sobre que se dirixirá ó presidente da mesa para remisión de copia de credencial de nomeamento de interventores.

Apoderados

Nomeamento de apoderados

(impreso múltiple de dúas follas)

EPG 6.3. Matriz.

EPG 6.3 a. Credencial.

ANEXO VII

Documentación para a actuación das mesas electorais

EPG 7.4. Lista numerada de votantes (primeira folla cuberta).

EPG 7.4 a. Lista numerada de votantes (segunda folla e seguintes).

EPG 7.5. Sobre bolsa número 1: documentación para entregar no Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz.

EPG 7.6. Sobre bolsa número 2: documentación para entregar no Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz.

EPG 7.7. Sobre bolsa número 3: documentación para lle entregar ó funcionario do Servicio de Correos.

EPG 7.8. Recibo do xuíz de Primeira Instancia ou de Paz, xustificativo da entrega dos sobres números 1 e 2.

EPG 7.9. Recibo do funcionario de Correos, xustificativo da entrega do sobre 3.

EPG 7.10. Certificado de votación (blocs de 100 follas).

ANEXO VIII

Nomeamento de representantes da Administración

Nomeamento de representante da Administración

(impreso múltiple de dúas follas)

EPG 8.1. Credencial.

EPG 8.1 a. Copia.

ANEXO IX

EPG 9.5. Credencial de deputado do Parlamento de Galicia.

Eleccións ó Parlamento de Galicia de 2001

Relación de impresos con expresión

da súa referencia e características

ANEXO I

EPG 1.1. Papeletas de votación.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 105 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara. Os tipos de letra serán idénticos para cada candidato. Logotipo de 20 mm máximo por cada lado.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán en cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO II

EPG 2.1. Sobres de votación.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE C-6 114 x 162 mm, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e o engomado estará na punta do peche da lapela.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en tinta negra, por unha soa cara, corpo e tipo de letra segundo figura neste decreto.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO III

EPG 3.1. Comunicación da constitución da coalición electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ámbalas dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 3.2. Presentación de candidatos ó Parlamento de Galicia.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ambas caras.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos no mesmo corpo de letra.

EPG 3.3. Presentación de candidatos ó Parlamento de Galicia por agrupación de electores.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ámbalas dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos no mesmo corpo de letra.

ANEXO IV

EPG 4.1. e 4.1 a. Solicitude para o voto por correo. Exemplar para a DPOCE e exemplar para o interesado.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel autocopiativo. Pegado en xogos en cabeza.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.2. Sobre para envío á DPOCE de solicitude certificado de inscrición no censo electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120 x 175 mm aproximadamente, deberá ter fondo azul en calquera tonalidade.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara e remite na lapela de pico.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.3. Sobre para remisión documentación voto por correo.

Características:

Cor e tonalidade: cor kraft en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 183 x 305 mm aproximadamente.

Gramaxe: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ambas caras e remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.4. Sobre dirixido ó presidente da mesa.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120 x 175 mm aproximadamente, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara e remite na lapela de pico.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.5. Sobre para remisión documentación voto por correo ós inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA).

Características:

Cor e tonalidade: cor cana, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 183 x 305 mm aproximadamente.

Gramaxe: papel caña verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en 3 cores por unha cara e unha cor ó respaldo e remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.6. Sobre dirixido ó presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no CERA -envío non gratuíto-.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120 x 175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.6.a. Sobre dirixido ó presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no CERA -envío gratuíto-.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120 x 175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO V

EPG 5.1. Lista de electores capacitados para presidentes e suplentes.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.2. Lista de electores capacitados para vocais e suplentes.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.3. Comunicación dos concellos á Xunta Electoral Provincial correspondente da formación de mesas electorais.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.4., 5.4 a, 5.4 b, 5.4 c. Nomeamento de membros da mesa (impreso múltiple de catro follas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148 x 210 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel copiativo branco.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.5. Sobre para remisión notificación ós membros das mesas electorais.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 185 x 266 mm (non será necesariamente normalizado).

Gramaxe: papel kraft verxurado de 90 gm/m, con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.6. Comunicación ós xuíces de Primeira Instancia ou de Paz da composición das mesas electorias.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.7. Citación definitiva de presidentes e vocais.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148 x 210 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO VI

EPG 6.1., 6.1. a, 6.1 b, 6.1 c. Nomeamento de interventores (impreso múltiple de catro follas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148 x 210 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión y tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel copiativo.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 6.2. Sobre de remisión del nombramiento de interventor al presidente de la mesa electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120 x 175 mm, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e o engomado estará ó longo de toda a lapela.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 6.3., 6.3 a. Nomeamento de apoderados (impreso múltiple de dúas follas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148 x 210 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión y tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel copiativo branco.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO VII

EPG 7.4. e 7.4 a. Lista numerada de votantes (primeira folla e seguintes):

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.5. Sobre número 1: documentación para entregar no Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 250 x 353 mm.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara con remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.6. Sobre número 2: documentación para entregar no xulgado de Primeira Instancia ou de Paz.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 250 x 353 mm.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara con remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.7. Sobre número 3: documento para entregar ó funcionario do Servicio de Correos.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 250 x 353 mm.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara con remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.8. Recibo do funcionario de Correos, xustificativo da entrega dos sobres 1 e 2.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.9. Recibo do funcionario de Correos, xustificativo da entrega do sobre 3.

Características:

Cor y tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión y tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.10. Certificado de votación (blocs de 100 follas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120 x 180 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m en talonarios de 100 follas.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO VIII

EPG 8.1. e 8.1.a Nomeamento de representante da Administración (impreso múltiple de dúas follas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148 x 210 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel copiativo branco.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ámbolos dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO IX

EPG 9.5. Credencial de deputado do Parlamento de Galicia.

Características:

Cor e tonalidade: crema.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210 x 297 mm.

Gramaxe aproximada: cartolina 240 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra en cinco tintas.

Texto bilingüe: galego, en recta.