Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle da UE-5. (Expediente 369/2001).

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, en sesión realizada o 9 de agosto de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución nº 5 (UE-5) na rúa Castelao e rúa Barqueiras, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de Manuel Outón Limeres, e/r de Outón y Fernández, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado estudio de detalle durante un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario

Oficial de Galicia. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio do presente anuncio a notificación a aqueles propietarios descoñecidos de terreos afectados ou ós que, intentada a notificación, non se lles puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 10 de agosto de 2001.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde