Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión de data 17 de xullo de 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para completar e reaxustar aliñacións e rasantes, así como para ordenar volumes de unidade básica situada na estrada de Cambre-Temple, na entrada do núcleo urbano de Cambre, presentado por Alfonso Salazar Martínez, en representación de Procorsa, S.L. e redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.

Cambre, 10 de agosto de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde