Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: reforma da casa do concello. Lugar de execución: praza do Corgo, O Grove. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 23.203.301 pesetas.

5. Garantías: provisional: 2% do orzamento anterior. Definitiva: 4% do orzamento anterior.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, praza do Corgo, 1 (36980) O Grove (Pontevedra), tfono./fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, de 9 a 14 horas.

-Documentación: a establecida na cláusula 18 do prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

-Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses.

-Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base 20ª do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 3º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, polo prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 14 de agosto de 2001.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde