Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na súa sesión ordinaria do 25 de xuño de 2001, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilamarín, redactado pola empresa Diagrama Ingeniería, S.L., e de conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de 45 días mediante anuncio que se publicará no DOG, no BOP e no xornal La Región, computándose o dito período desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, co fin de que se poida examina-lo seu contido e presenta-las alegacións ou observacións que se estimen convenientes.

De conformidade co disposto no artigo 34 da citada lei, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación ou demolición, na totalidade do termo municipal, excepto nas áreas clasificadas como solo non urbanizable non sometido a protección (solo rústico da Lei 1/1997) onde poderían realizarse instalacións de interese xeral e só para este uso, cando no documento de aprobación inicial figura o solo clasificado como solo rústico non sometido a protección ou está cualificado como solo de equipamentos do sistema xeral ou local e nas zonas clasificadas como urbanizable ou de núcleo rural que tiveran cualificación de equipamentos e que no plan en tramitación teñan a clasificación de núcleo rural e a mesma cualificación de equipamentos.

A dita suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase coa aprobación definitiva do citado plan.

Vilamarín, 4 de xullo de 2001.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde