Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 9-3-2001, foi aprobado o prego de cláusulas particulares que rexerán a contratación para as obras que se indican, o que se expón ó público, na secretaría do concello, polo prazo de catro días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio no BOP, durante o cal tódolos interesados poderán presenta-las reclamacións que estimen oportunas.

Simultaneamente anúnciase licitación para adxudica-lo contrato mediante tramitación urxente, procedemento aberto e forma de concurso, segundo o seguinte detalle.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilar de Santos, r/ Celanova, 77, 32650, Vilar de Santos, teléfono 988 46 58 83, fax 988 46 58 63. O expediente tramítase na secretaría, dependencia na que se pode obte-la documentación.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: camiño de acceso Toxediño-Bréixome de Abaixo, 4 meses.

3. Orzamento da licitación: importe total de execución por contrata 6.000.000 de pesetas.

4. Fianzas: provisional, non se esixe. Definitiva: 4% do orzamento.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Presentación de proposicións. Prazo: ata as 14 horas do 13º día natural seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no DOG e no BOP, de luns a venres, computándose o prazo a partir da última publicación.

Documentación para presentar: a que se sinala no punto IX, do prego de cláusulas administrativas. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, r/ Celanova, 77, 32650, Vilar de Santos. Prazo de vinculación da oferta: un mes, como máximo, contado desde a apertura de proposicións. Modelo de proposición: figura no prego.

7. Apertura das ofertas: o día hábil seguinte (agás sábados) ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

8. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Vilar de Santos, 10 de agosto de 2001.

Antonio Míguez Noguerias

Alcalde en funcións