O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 26 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro.-Aprobar definitivamente a delimitación dun polígono na estrada de Camposancos (C-550 Vigo-Baiona), parroquia de Santo André de Come
saña, segundo memoria e plano redactados polo arquitecto Xosé A. Comesaña García en marzo de 2001, visado polo COAG no 5-4-2001. (Expediente 5376/411).
Segundo.-Fixar como sistema de execución do polígono o de compensación urbanística.
Terceiro.-Estimar parcialmente a alegación interposta por María Victoria Fernández Silva durante o trámite de información pública, no sentido e polos motivos que se recollen nos antecedentes do presente acordo.
Cuarto.-Publíquese o presente acordo no BOP e no DOG. Notifíquese individualizadamente ós propietarios incluídos no polígono, e demais interesados por este, na forma legalmente establecida».
Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpoñe-los seguintes recursos:
a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación do presente anuncio.
b) Recurso contencioso-Administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.
c) Calquera outro recurso que se estime oportuno e sexa procedente interpoñer.
De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.
Vigo, 18 de maio de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia
Municipal de Urbanismo