Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da obra de beirarrúas en San Cibrao das Viñas, San Roque e Praza Currás.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: San Cibrao das Viñas, San Roque e Currás.

d) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento de licitación: 17.900.500 pesetas (dezasete millóns novecentas mil cincocentas pesetas); 107.584,17 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base licitación: 358.010 pesetas; 2.151,68 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución 1. San Cibrao das Viñas. Teléfono 988 38 10 34; fax 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar do proxecto e do prego de cláusulas depositaranse na fotocopiadora Puga, situada na zona universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: ata o vixésimo sexto (26) día natural contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte os modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da casa do concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 de Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 10 de agosto de 2001.

José Méndez Grande

Alcalde en funcións