Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobado polo órgano municipal competente o proxecto técnico e prego de condicións económico-administrativas, anúnciase a licitación das obras de construcción dun centro sociocultural polivalente no Concello do Rosal, mediante poxa urxente polo procedemento aberto. Expónse ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións, se ben a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario, no caso de formularse reclamacións.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello do Rosal.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Construcción dun centro sociocultural polivalente no Concello do Rosal.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación.

Prezo máximo autorizado: 78.453.657 pesetas, incluído todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

Anualidades:

Ano 2001: 20.000.000 de pesetas.

Ano 2002: 30.000.000 de pesetas.

Ano 2003: 28.453.657 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Rosal.

b) Domicilio: praza do Calvario, nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

d) Teléfono: 986 62 50 00.

e) Fax: 986 62 60 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C; subgrupo 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9; categoría D.

8. Presentación das ofertas.

En man ou por correo, no rexistro do concello, ata as 14 horas, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello do Rosal, praza do Calvario, 1.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte á apertura de proposicións.

9. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego. Se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura fárase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O Rosal, 18 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado