Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

EDICTO.

Na sesión ordinaria que tivo lugar o día 3 de xullo de 2001, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio de Santiso, que afecta as seguintes ordenanzas: capítulo 14: normas de solo no urbanizable. Sección 3ª: condicións de volume, artigo 196 (diminúese a distancia de edificacións a camiños). Sección 6ª: normas particulares de protección de leitos públicos, lagos e encoros, artigos 202 e 203 (diminúese a distancia de edificacións a leitos

e encoros). Sección 7ª: solo non urbanizable de tolerancia especial, artigo 204 (introdúcense as determinacións fixadas nas normas subsidiarias provinciais para o solo non urbanizable de núcleo rural).

Santiso, 9 de xullo de 2001.

Ramón Villar Edreira

Alcalde-presidente