Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.357

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de xullo de 2001 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de finanzas da Xunta de Galicia.

Segundo establece o artigo 27 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, o concurso constitúe o sistema normal de provisión de postos de traballo vacantes na Administración.

Esta consellería, de conformidade co establecido na citada lei, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, o artigo 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública modificado pola Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e demais normas concordantes, acorda convocar este concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes das escalas de finanzas da Xunta de Galicia dotados orzamentariamente que se relacionan no anexo I desta orde de conformidade coas seguintes

Bases

I. Requisitos de participación.

I.1. Só poderán participar neste concurso os funcionarios/as das escalas superior e técnica de finanzas da Xunta de Galicia que reúnan os requisitos esixidos para desempeña-los postos ós que se opta conforme o especificado en cada caso no anexo I desta convocatoria, salvo aqueles que leven menos de dous anos desempeñando un posto definitivo obtido por concurso.

Ós funcionarios que accederan ás escalas de finanzas da Xunta de Galicia por promoción interna e permaneceran no posto de traballo que desempeñaban, computaráselles o tempo de servicios prestados no dito posto no corpo de procedencia para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

I.2. Non poderá participa-lo persoal docente, investigador e sanitario ó que se refire o artigo 1.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, salvo para os postos de Administración educativa, investigadora e sanitaria de conformidade co que dispoñan as RPT, nin o persoal regulado pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma.

I.3. Están obrigados a participar neste concurso os funcionarios das escalas de finanzas da Xunta de Galicia que estean en situación de destino provisional nelas e reúnan os requisitos esixibles nesta

convocatoria e anexos correspondentes, debendo solicitar tódolos postos de traballo ós que poidan acceder, todo iso de conformidade co establecido no artigo 58 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril. No suposto de incumprimento do anterior serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

I.4. Poderán solicitarse por orde de preferencia as vacantes que se inclúen no anexo I desta orde, sempre que se reúnan as condicións esixidas nel.

Os erros manifestos que puidesen advertirse poderán ser emendados de oficio ou por petición da parte interesada, e serán apreciados libremente por parte da comisión de valoración á que se fai referencia na base VI.

I.5. Así mesmo, os funcionarios das escalas de finanzas que o desexen poderán solicita-los postos que resulten vacantes a consecuencia da resolución deste concurso, especificando a súa preferencia de acordo cos seguintes datos:

-Localidade (só poderá solicitarse para unha única localidade).

-Nivel do posto de traballo ó que opte (especificando o nivel mínimo que se solicita).

Os postos resultantes adxudicaranse de acordo coas puntuacións obtidas de conformidade co baremo que rexe neste concurso.

I.6. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de finaliza-lo prazo de toma de posesión.

I.7. De acordo co disposto na vixente RPT, é requisito indispensable para a cobertura dos postos de traballo a pertenza ás escalas de finanzas e ás súas especialidades que corresponden a cada posto de traballo segundo se sinala na columna corpo/escala do anexo I.

-Escala superior de finanzas:

A9.1. Especialidade de inspección financeira e tributaria.

A9.2. Especialidade de xestión tributaria.

A9.3. Especialidade de intervención.

-Escala técnica de finanzas:

A9.4. Especialidade técnica de inspección financeira e tributaria.

A9.5. Especialidade técnica de xestión tributaria.

A9.6. Especialidade técnica de contabilidade e intervención.

II. Valoración de méritos:

A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

II.1. Grao persoal consolidado.

Polo nivel 16 de grao consolidado: 1 punto.

Por cada unidade de nivel que exceda de 16: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste epígrafe: 4 puntos.

Nos supostos en que os funcionarios non teñan consolidado ningún grao persoal ou este sexa inferior a 16 computarase, para os efectos de puntuación neste punto, o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo do corpo ou da escala á que pertenza o funcionario.

II.2. Valoración do traballo desenvolvido.

A valoración do traballo desenvolvido efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

Só se computarán os traballos desenvolvidos nos últimos cinco anos como funcionario de carreira nos distintos grupos.

A valoración efectuarase da seguinte forma:

a) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado en máis de dous niveis: 0,60 puntos.

b) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado ata dous niveis: 0,40 puntos.

c) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ó desempeñado: 0,20 puntos.

d) Por permanecer no mesmo posto os últimos cinco anos: 0,15 puntos por cada ano ou fracción superior a seis meses.

Exclúense desta puntuación, de se-lo caso, aqueles anos que correspondan ós dous de permanencia obrigatoria tras obte-la praza de que se trate por concurso.

Para os efectos anteriores, os servicios prestados na situación de comisión de servicios puntuaranse como realizados no posto de orixe do funcionario.

Puntuación máxima deste epígrafe: 3,75 puntos.

II.3. Cursos de formación e perfeccionamento.

Por cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, INAP, escolas oficiais de formación das administracións públicas, centros competentes en materia de formación dependentes dos distintos organismos das administracións públicas, universidade e Inem, así como os cursos informados favorablemente pola

EGAP ou homologados por esta ou polo INAP, todos eles relacionados coas funcións propias do posto ó que se opte.

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

Ata as primeiras 25 horas, 0,1 puntos. Por cada hora que exceda este número, 0,01 puntos por hora. Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Puntuación máxima deste epígrafe: 3 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á asistencia a xornadas, seminarios, simposios e similares.

II.4. Grao de coñecemento do idioma galego.

Iniciación ó galego: 1 punto.

Perfeccionamento de galego: 2 puntos.

Linguaxe administrativa, nivel medio de linguaxe administrativa local galega ou de linguaxe xurídica galega, os ciclos elemental e superior dos estudios de galego das escolas oficiais de idiomas: 3 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, ós cursos, estudios ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

II.5. Antigüidade:

Servicios prestados nas administracións públicas:

Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de servicios como funcionario de carreira: 0,15 puntos.

Puntuación máxima deste epígrafe: 4,5 puntos.

Para estes efectos computaranse os recoñecidos polo órgano competente que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario.

II.6. Polo grupo ó que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos:

Por pertencer ó grupo A: 5 puntos.

Por pertencer ó grupo B: 4 puntos.

II.7. Titulacións académicas.

-Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,20 puntos.

-Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,40 puntos.

-Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 0,60 puntos.

-Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 0,80 puntos.

-Título de doutor: 1 punto.

Valoraranse as titulacións académicas distintas ás requiridas para o acceso ó corpo desde o que se concurse, agás que sirvan de base para obte-la titulación superior que se invoque, valorándose neste caso só esta última.

Non se terán en conta as titulacións que serviran de base para a obtención dunha superior.

Puntuación máxima deste epígrafe: 3 puntos.

Para os efectos de equivalencia de titulación só se admitirán as establecidas polo Ministerio de Educación e Ciencia con carácter xeral e válidas para tódolos efectos (debendo citar a continuación a disposición na que se establece a equivalencia e o BOE no que se publica).

II.8. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nos diferentes puntos desta base.

Tódolos méritos recollidos nesta base computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias.

De persisti-lo empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido e de ser igual, polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día 13 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 39, do 23 de febreiro). En último lugar solventaríase por sorteo entre os implicados.

III. Documentación.

III.1. Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que aduzan acreditaranse debidamente e deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

III.2. Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se xuntará coa instancia que se presente, segundo o modelo que figura como anexo III, debendo xuntarlle á dita certificación o funcionario competente que certifique as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación e se presentarán cotexadas fidedignamente debendo numerarse de acordo co indicado modelo, significando que non se valorarán aqueles méritos que para a/as comisión/s non estivesen suficientemente acreditados. Estas certificacións serán expedidas polas unidades seguintes, de acordo co destino de cada funcionario.

-Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos: secretarios ou, se é o caso, funcionario responsable da área de persoal das dele

gacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

IV. Solicitudes.

IV.1. As solicitudes para tomar parte neste concurso dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta orde, debendo presentarse desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria e dos seus anexos no Diario Oficial de Galicia ata o día 11 de setembro de 2001, inclusive, nos rexistros xerais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.2. Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar, no caso de que lles fora adxudicado algún dos postos solicitados, a adaptación de medios materiais para o desempeño do dito posto, e a comisión de valoración poderá reclamarlle ó interesado, mediante entrevista, a información que considere precisa para a adaptación aducida, e igualmente, se é o caso, de consideralo oportuno, o dictame correspondente.

IV.3. Se por razóns de convivencia familiar, estiveran interesados nas vacantes que se anuncian para este concurso para unha mesma localidade dous funcionarios, se reúnen os requisitos esixidos, aínda que pertenzan a distintos corpos ou escalas, poderán condiciona-la súa petición ó feito de que ámbolos dous obteñan destino na mesma localidade, entendéndose en caso contrario anulada a petición efectuada por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán concretalo na súa instancia e xuntar unha fotocopia da petición do outro funcionario.

IV.4. Unha vez transcorrido o período de presentación de instancias non poderá renunciarse ás solicitudes formuladas e estas serán vinculantes para o peticionario e os destinos adxudicados serán irrenunciables, tanto no que se refire á base I.4. como á I.5., salvo que se obteña outro destino mediante convocatoria pública antes de remata-lo prazo de toma de posesión.

V. Lista de admitidos e excluídos.

V.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos con indicación do lugar no que se atopan expostas.

V.2. Os excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión. Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións

de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

VI. Comisión de valoración.

VI.1. A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada polas comisións de valoración que prevé o artigo 12 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna coa composición establecida nel. Estas comisións terán a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e serán nomeadas polo órgano convocante. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

VI.2. Poderá nomearse máis dunha comisión de valoración cando iso fose necesario polo número de solicitantes.

Neste suposto corresponderalle á comisión de valoración número un resolver cantas consultas, interpretacións, criterios de valoración e de unificación poidan presentarse nas comisións sobre as normas que rexen o concurso, así como a coordinación das restantes comisións e recibi-los expedientes destas relativos ás correspondentes valoracións do concurso, e eleva-la proposta para a adxudicación da totalidade das prazas.

VI.3. A/as comisión/s poderán dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores, para aquelas tarefas que o requirisen. A proposta de designación destes faraa a comisión número un, procedendo o órgano convocante ó seu nomeamento.

VI.4. A proposta de adxudicación dos postos de traballo ofertados recaerá en todo caso sobre o concursante que obtivera maior puntuación conforme o baremo establecido na base II, así como, se é o caso, conforme os criterios de desempate fixados na base II.7.

VI.5. Unha vez efectuada a proposta provisional da comisión de valoración para a adxudicación dos destinos farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública. Os concursantes poderán

formula-las oportunas reclamacións, se é o caso, contra a dita proposta ante esta dirección xeral no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación, que se presentarán no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais e oficinas comarcais da dita consellería, ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VI.6. Examinadas e resoltas polas comisión/s as reclamacións, se é o caso presentadas, procederase a elevar proposta definitiva de resolución do concurso, que será resolta por unha orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das reclamacións entenderanse implícitas na citada orde.

VII. Adxudicación de destinos.

VII.1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a lle comunicar por escrito nos 3 días seguintes a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública.

VII.2. Os traslados que se deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios; en consecuencia non xerarán dereito á indemnización.

VIII. Toma de posesión.

VIII.1. A toma de posesión en tódolos postos adxudicados como consecuencia da celebración deste concurso efectuarase a partir da data que se faga constar na orde de resolución deste, desde a que se iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

IX. Recursos.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

PostoCódigo do postoNivelC. especif.GruposCorpo/escalaDenominación postoDependenciaConcello

1EFC030000215770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección ContabilidadeIntervención Xeral15770

2EFC030000415770009251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección de ContabilidadeIntervención Xeral15770

3EFC030000415770010251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección de OrzamentaciónIntervención Xeral15770

4EFC030000415770015251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección de Procedementos de ContrataciónIntervención Xeral15770

5EFC030000615770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección FiscalizaciónIntervención Xeral15770

6EFC030000815770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección FiscalizaciónIntervención Xeral15770

7EFC030000815770011251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección ContabilidadeIntervención Xeral15770

8EFC030000915770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección FiscalizaciónIntervención Xeral15770

9EFC030000915770011251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección ContabilidadeIntervención Xeral15770

10EFC030001015770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección ContabilidadeIntervención Xeral15770

11EFC030001115770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección FiscalizaciónIntervención Xeral15770

12EFC030001315770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección ContabilidadeIntervención Xeral15770

13EFC030001615770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección ContabilidadeIntervención Xeral15770

14EFC030001715770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección ContabilidadeIntervención Xeral15770

15EFC030001915770005251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección ContabilidadeIntervención Xeral15770

16EFC030002015770007251.240.728A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección FiscalizaciónIntervención Xeral15770

17EFC040000015770023251.240.728A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.X.Sección Seguimemt. e Control Zonas Rec.D.X. Tributos15770

18EFC040000015770030251.240.728A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.X.Sección de Estudios e Coordenación NormativaD.X. Tributos15770

19EFC040000215770007251.240.728A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.Xefe Sección Xestion Control de Taxas e PrezosD.X. Tributos15770

20EFC99100001500100220638.100AEscala superior de finanzasPosto base grupo AServicios periferic.15001

21EFC99100001500100320638.100AEscala superior de finanzasPosto base grupo AServicios periferic.15001

22EFC99100001500100516531.768BEscala técnica de finanzasPosto base grupo BServicios periferic.15001

23EFC99100001500100616531.768BEscala técnica de finanzasPosto base grupo BServicios periferic.15001

24EFC991000015001061241.098.924A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.Xefe Sección de Informac. o ContribuínteServicios periferic.15001

25EFC991000015001144241.098.924A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección Fiscalización Gastos da Admon. XeralServicios periferic.15001

26EFC991000015001155241.098.924A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección de Contabilidade de Gastos de OOAAServicios periferic.15001

27EFC99100002700100220638.100AEscala superior de finanzasPosto base grupo AServicios periferic.27001

28EFC991000027001049241.098.924BTecn. Inspec. Financ. e TributariaSubinspector TributarioServicios periferic.27001

29EFC991000027001076241.098.924A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.Xefe Sección Recadación ExecutivaServicios periferic.27001

30EFC99100003200100220638.100AEscala superior de finanzasPosto base grupo AServicios periferic.32001

31EFC99100003200100416531.768BEscala técnica de finanzasPosto base grupo BServicios periferic.32001

32EFC991000032001084241.098.924A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.Xefe Sección Recadación VoluntariaServicios periferic.32001

33EFC991000036001002

20638.100

AEscala superior de finanzas

Posto base grupo AServicios periferic.

36001

34EFC99100003600100316531.768BEscala técnica de finanzasPosto base grupo BServicios periferic.36001

35EFC991000036001033241.098.924A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.X. Secc. Relacións coas Oficinas LiquidadorasServicios periferic.36001

36EFC991000036001040241.098.924A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.Xefe Sección Información o ContribuínteServicios periferic.36001

37EFC991000036001060261.417.992AInspecc. Financeira e TributariaInspector TributarioServicios periferic.36001

38EFC991000036001138241.098.924A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección Fiscalización GastosServicios periferic.36001

39EFC991000036001141241.098.924A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección Contabilidade GastosServicios periferic.36001

40EFC99200003656000220638.100AEscala superior de finanzasPosto base grupo AServicios periferic.36560

41EFC99200003656000316531.768BEscala técnica de finanzasPosto base grupo BServicios periferic.36560

42EFC99200003656000416531.768BEscala técnica de finanzasPosto base grupo BServicios periferic.36560

43EFC992000036560046241.098.924A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.Xefe Sección de Información o ContribuínteServicios periferic.36560

44EFC992000036560089241.098.924A/BInsp. Fin/Xest. Trib./T. Insp. Fin./T. Xest. T.Xefe Sección de Recadación ExecutivaServicios periferic.36560

45EFC992000036560153241.098.924A/BIntervención ou Téc. Contab. e Intervenc.Xefe Sección Fiscalización IngresosServicios periferic.36560