Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.364

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2001 pola que se nomean letradas do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia.

Unha vez rematada a oposición ó corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia e publicada polo tribunal no Diario Oficial de Galicia número 157, do 14 de agosto, a relación das dúas aprobadas, con proposta de nomeamento, conforme dispón a base 8.1 da convocatoria, esta presidencia, de acordo co previsto na base 10 da devandita convocatoria,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear letradas do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia a:

-Ana María López Guizán, con DNI 33326319.

-María José Quintana Acebo, con DNI 32796939.

Segundo.-Sinalar como prazo para a toma de posesión das nomeadas o dun mes a partir da publicación da presente resolución.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2001.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia