Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, por procedemento aberto, de redacción de proxecto e execución da obra.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.

2. Obxecto: redacción do proxecto e execución da obra de instalación de microcentral hidroeléctrica no Mazo de Santa Comba-Lugo.

3. Orzamento: catorce millóns setenta e oito mil duascentas corenta e unha (14.078.241 pesetas) (84.611, 93 euros).

4. Prazo de execución: seis meses.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 155, do 7 de xullo de 2001.

Lugo, 7 de xullo de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo