Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.244

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN INSTITUTO GALEGO DE OFTALMOLOXÍA

ANUNCIO.

A Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía precisa adquiri-los seguintes equipos para oftalmoloxía baixo os prezos máximos que a continuación se detallan:

Ref. Bloque 1.

Unidade de refracción, foroptero, proxector de optotipos, lámpada fendedura, caixa de lentes.

Prezo máximo do conxunto: 2.550.000 pesetas.

Ref. Bloque 2.

Unidade de refracción, lámpada de fendedura (sistema zoom), sistema vídeo dixital 3CD.

Prezo máximo do conxunto: 3.400.000 pesetas.

Ref. Bloque 3.

Refractómetro automático. Rangos-30 +22D, cilindro de 0 a ±10D.

Prezo máximo: 1.600.000 pesetas.

Ref. Bloque 4.

Lámpada de fendidura, proxector de optotipos.

Prezo máximo: 1.300.000 pesetas.

Ref. Bloque 5.

Paquímetro Sonogage.

Prezo máximo: 1.425.000 pesetas.

Ref. Bloque 6.

2 Oftalmoscopios binocular Keeler.

Prezo máximo: 288.000 pesetas cada un.

Ref. Bloque 7.

Retinógrafo con dobre cámara fotográfica.

Prezo máximo: 4.750.000 pesetas.

Ref. Bloque 8.

Tonómetro Perkins, lente Goldman de 3 espellos.

Prezo máximo: 280.000 pesetas.

Os aspirantes deberán envia-las súas ofertas unicamente ó apartado de correos 923 de Santiago de Compostela, non sendo válida a recepción de sobres en sitio diferente ó anterior. Nos sobres figurará obrigatoriamente a remisión á Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía e a referencia do bloque ó que se presenten.

Non poderá figurar máis dunha referencia por sobre.

O prazo de presentación das ditas ofertas será de 20 días naturais desde a data de publicación do presente anuncio. O teléfono de contacto para consultas é o 981 53 42 48.

Manuel Sánchez Salorio

Director executivo