Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta da execución das obras do proxecto de construcción dunha alameda en Matamá.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns. Nº de expediente: 2210/446.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de construcción dunha alameda en Matamá.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: as obras terán que se rematar antes do 31-12-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento: 14.692.977 pesetas (88.306,57 euros).

5. Garantías: provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 3 de agosto de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde