Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación do servicio de catalogación en formato Marc e etiquetaxe con código de barras de rexistros bibliográficos do Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, do seguinte contrato de servicios:

Catalogación en formato Marc e etiquetaxe con código de barras de rexistros bibliográficos do Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

Orzamento de licitación: quince millóns de pesetas (15.000.000 de pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 59 99 24. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=687.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo