Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de xullo de 2001 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254), outórganse

930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, en precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde do 30 de xuño de 1976 (BOE nº 234) outórgase concesión administrativa a José Otero Berride e Ramón Abelenda Baños para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho na zona marítimo-terrestre do Carril, distrito de Vilagarcía de Arousa, cunha superficie de 14.065 m, por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa a favor de José María, Alejandro e Manuel Domínguez Oliveira cunha ocupación de 14.480,50 metros cadrados, por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición do interesado.

Por Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG nº 232) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo e ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Miguel Rey Teijeiro.

Por Orde do 29 de outubro de 1984, outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Fernando Rodríguez Otero.

Segundo.-Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecúe a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

Terceiro.-Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura de data 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar neste momento do proceso tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segundo.-Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e de conformidade co disposto no punto C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de

maio, as concesións extinguiranse polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese a prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo á presente orde.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos prazos se contarán desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

P.D. (17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Manuel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

1. Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Parcela

NomeSuperficie

m

14Emilio Berride Teijeiro 328

39Celestino Sánchez Núñez 531

61Fernando Dios Teijeiro72

89Ramón Diz Búa 53

90María Meaños Insua 53

114Ramón Daporta Leiro 8.645

126Vicente Berride Teijeiro 821

133Celestino Sánchez Núñez 67

135Ramón Regueira Rios1.125

136Juan Maneiro Longo83

265Mª Josefa Cerqueiras Muñiz 74

266Crespo, Rivas y Varela, S.L.78

267Juana Crespo García88

277María Cerqueiras Muñiz 29

278Celestino Sánchez Núñez 54

Parcela

NomeSuperficie

m

296Angelina e Carmen Ramos Maneiro24

310Flora Ríos del Río43

315Celestino Sánchez Núñez134

316Alejandro Domínguez Raño38

343María Cerqueiras del Río 45

362Angelina e Carmen Ramos Maneiro22

369Flora Ríos del Río 40

375Crespo, Rivas y Varela, S.L.365

381Elvira García Ramos32

390Juan P. Melón García 56

432Joaquín Abuin Braña 80

446Rodrigo Crespo García53

449Rodrigo Crespo García149

494Antonia Seoane García112

505María Cerqueiras Muñiz110

506Carmen Melón García 162

512Ramón Abalo Rubianes80

518Rosa Melón García125

530Ramón Abalo Rubianes122

643Crespo, Rivas y Vareala, S.L.128

665Crespo, Rivas y Varela, S.L.3.840

675Feliciano Davila Conde 163

702Carlos e Jesús Berride Teijeiro2.636

717Emilio Berride Teijeiro120

790Antonio Farto Antelo1.156

791Manuel Barreiro Castaño1.586

795Fernando Rodríguez Otero3.304

873Manuel Veiga Cañón317

879Luciano García Dios e Sofía García Dios221

883Gumersindo Torrado Rey85

900Manuel Veiga Añón320

906Miguel Rey Teijeiro 302

918Santiago Navazas Loureiro242

Orde do 30 de xuño de 1976 (BOE nº 234) de concesión para instalar un parque de cultivo de moluscos a José Otero Berride e Ramón Abelenda Baños na zona marítimo-terrestre do Carril, distrito de Vilagarcía de Arousa.

Parcela nº: exp. 9743.

Concesionarios: José Otero Berride e Ramón Abelenda Baños.

M: 14.065.

Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG nº 226) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa a favor de José María, Alejandro e Manuel Domínguez Oliveira cunha ocupación de 14.480,50 metros cadrados.

Parcela nº: exp. 5503.

Concesionarios: José María, Alejandro e Manuel

Domínguez Oliveira.

M: 14.480,50.

Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG nº 232) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo e ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Miguel Rey Teijeiro.

Parcela nº: exp. 5406.

Concesionarios: Miguel Rey Teijeiro.

M: 375.

Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG nº 234) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Fernando Rodríguez Otero.

Parcela nº: exp. 5451.

Concesionarios: Fernando Rodríguez Otero.

M: 677,25.