Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, nos expedientes sancionadores de epizootias 179SA/2000 e 020SA/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na Delegación Provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución dos procedementos.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 2 de xullo de 2001.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 179SA/00.

Denunciada: Carmen Liste García.

DNI: 33221327.

Último enderezo coñecido: Garabal, San Silvestre, nº 7. Santiago de Compostela. A Coruña.

Feito denunciado: transportar no vehículo Seat Trans matrícula C-2192-AJ, un animal bovino identificado co crotal ES061103699140, carecendo do cert. de inscrición do vehículo para transportar gando vivo no Serv. de P. e S. Animal desta consellería.

Tipificación infracción. Regulamento epizootias: 52.4º do Regulamento de epizootias, e o artigo 5.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción proposta: 15.000.

Expediente: 020SA/01.

Denunciado: López Calvo, José.

DNI: 32.611.144.

Último enderezo coñecido: r/ Hospital nº 96. Ferrol. A Coruña.

Feito denunciado: os veterinarios desta consellería denuncian que vostede non se atopaba na explotación para realiza-lo saneamento das súas reses, pese a estar avisado.

Tipificación infracción. Regulamento epizootias: 1 e 11 da Lei de epizootias, 8.4º da Orde do 4-4-1997 en relación co artigo 209.3º do Regulamento de epizootias.

Sanción proposta: 75.000.