Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se acorda o sinalamento dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data 19 de junio de 2001, o alleamento en pública poxa do ben moble embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Fármaco, S.A., NIF: A27024132, que a continuación se describe:

Lote 1:

Predio 1: municipio O Saviñao, natureza da vivenda, lugar A Cova, nome Casa de Alto e Baixo-Pa

lleira, superficie terreo ha=0 a=0 Ca=91. Predio 6749, tomo 476, libro 91, folio 31.

Valoración: 2.800.000 pesetas. (16.828,34 euros).

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.800.000 pesetas. (16.828,34 euros).

Lote 2:

Predio 2: municipio O Saviñao, natureza do predio rústico, lugar A Cova, nome Das Bodegas, superficie terreo ha=0 a=8 Ca=0, cultivo viña. Predio 7125, tomo 486, libro 95, folio 58.

Valoración: 960.000 pesetas. (5.769,72 euros).

Cargas: sen cargas.

Tipo: 960.000 pesetas. (5.769,72 euros).

Lote 3:

Predio 3: municipio O Saviñao, natureza do predio rústico, lugar A Cova, nome Da Casa, superficie terreo ha=0 a=8 Ca=0, cultivo horta. Predio 7126, tomo 486, libro 95, folio 60.

Valoración: 500.000 pesetas. (3.005,06 euros).

Cargas: sen cargas.

Tipo: 500.000 pesetas. (3.005,06 euros).

Lote 4:

Predio 4: municipio O Saviñao, natureza do predio rústico, lugar A Cova, nome A Viña, superficie terreo ha=0 a=5 Ca=0, cultivo viña. Predio 9871, tomo 581, libro 108, folio 138.

Valoración: 600.000 pesetas. (3.606,07 euros).

Cargas: sen cargas.

Tipo: 600.000 pesetas. (3.606,07 euros).

Lote 5:

Predio 5: municipio O Saviñao, natureza do predio rústico, lugar Santa Mariña de Rosende, nome Vilanova, superficie terreo ha=0 a=21 Ca=91, cultivo viña. Predio 9874, tomo 581, libro 108, folio 141.

Valoración: 2.500.000 pesetas. (15.025,30 euros).

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.500.000 pesetas. (15.025,30 euros).

Lote 6:

Predio 6: municipio O Saviñao, natureza do predio rústico, lugar A Cova, nome Prado da Lama, superficie terreo ha=0 a=43 Ca=92, cultivo. Predio 9875, tomo 581, libro 108, folio 142.

Valoración: 1.400.000 pesetas. (8.414,17 euros).

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.400.000 pesetas. (8.414,17 euros).

Lote 7:

Predio 7: municipio O Saviñao, natureza do predio rústico, lugar Santa Mariña de Rosende, nome A

Viña de Vilanova, superficie terreo ha=0 a=16 Ca=47, cultivo viña. Predio 9876, tomo 581, libro 108, folio 143.

Valoración: 1.900.000 pesetas (11.419,23 euros).

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.900.000 pesetas. (11.419,23 euros).

Lote 8:

Predio 8: municipio O Saviñao, natureza do predio rústico, lugar Santa Mariña de Rosende, nome Souto do Pousadoiro, superficie terreo ha=0 a=27 Ca=45, cultivo. Predio 9877, tomo 581, libro 108, folio 144.

Valoración: 600.000 pesetas. (3.606,07 euros).

Cargas: sen cargas.

Tipo: 600.000 pesetas. (3.606.07 euros).

Lote 9:

Predio 9: municipio O Saviñao, natureza do predio rústico, lugar Santa Mariña de Rosende, nome Os Cortizos, superficie terreo ha=0 a=10 Ca=98, cultivo. Predio 9878, tomo 581, libro 108, folio 145.

Valoración: 225.000 pesetas. (1.352,58 euros).

Cargas: sin cargas.

Tipo: 225.000 pesetas. (1.352,58 euros).

E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que, o día 7 de setembro de 2001 ás 10 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo, r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

Primeiro.-Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houber, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Segundo.-Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

Terceiro.-Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

Cuarto.-Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será o menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

Quinto.-No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

Sexto.-Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

Sétimo.-Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

Oitavo.-A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

Noveno.-O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos