Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data 19 de xuño de 2001, o alleamento en pública poxa do ben moble embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor José Antonio Oroza Castro, NIF: 33808335-Z, que a continuación se describe:
Lote 1:
Predio 15.035: tomo 511, libro 108 de Foz, folio 133, rústico, Raxal, labradío de sete áreas e catorce centiáreas sito na parroquia de Fazouro, municipio de Foz. Lindeiros: norte, predio de Eladio Candia; sur, tamán del; leste, Cándido Ramos e oeste, herdeiros de José Ríos.
Tipo: 360.000 pesetas. (2.163,64 euros).
Cargas: sen cargas.
Valoración: 360.000 pesetas. (2.163,64 euros).
Lote 2:
Predio 15.036: tomo 511, libro 108 de Foz, folio 134, rústico, Soutodeiro, labradío de tres áreas e cincuenta e sete centiáreas, sita na parroquia de Fazouro, municipio de Foz. Lindeiros: norte, predio de herdeiros de Asunción Pillado; sur, de Cándido López; leste, camiño de carro e oeste, ribazo que separa de herdeiros de Vicente Rodríguez.
Valoración: 225.000 pesetas. (1.352,28 euros).
Cargas: sen cargas.
Tipo: 225.000 pesetas (1.352.28 euros).
E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,
DISPOÑO:
Que o día 7 de setembro de 2001 ás 9.30 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo, r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.
Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:
Primeiro.-Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houber, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
Segundo.-Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.
Terceiro.-Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.
Cuarto.-Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será alomenos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.
Quinto.-No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que
se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.
Sexto.-Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.
Sétimo.-Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.
A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.
O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.
Oitavo.-A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.
Noveno.-O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.
En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.
María Casais Mira
Directora xeral de Tributos