Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.223

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2001 pola que se aproba a primeira emisión en euros de papel de fianzas e subministracións das clases A, B, C, D e E polos valores de 500, 100, 25, 5 e 1 euros.

Vista a proposta de Resolución do 8 de agosto de 2001, pola que se propón a aprobación da primeira emisión en euros de papel de fianzas das clases A, B, C, D e E polo importe de 500, 100, 25, 5

e 1 euros respectivamente, e tendo en conta que na actualidade coa inminente entrada en vigor da moeda única europea euro, é preciso proceder a unha primeira emisión de papel de fianzas na referida moeda e polos importes e clases que se indican nesta resolución.

En virtude do exposto, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Autoriza-la primeira emisión de papel de fianzas en euros, de acordo cos modelos e formatos que a continuación se indican.

I. Anverso do papel de fianzas.

Estará formado por un rectángulo cunha greca de extremo a extremo na súa parte inferior. Na banda dereita levará impresa, orlada por unha greca, a cantidade pola que responda o xustificante entre os símbolos do euro e a esquerda desta, figurará un rosetón que na súa parte superior levará impresa a inscrición papel de fianzas e no ángulo superior esquerdo, a partir da matriz, imprimirase o anagrama da Xunta de Galicia. A continuación, e centrada coa inscripción papel de fianzas, imprimirase Instituto Galego da Vivenda e Solo precedida do seu anagrama.

Na banda esquerda, entre a matriz e o xustificante do papel de fianzas, levará unha tira vertical coa impresión papel de fianzas.

No espacio libre e sobre o rosetón, entre a tira vertical e a greca na que figura o importe do efecto, imprimirase o seguinte:

«O Instituto Galego da Vivenda e Solo, pagaralle ó portador a cantidade de ..... euros, en concepto de devolución de fianza conforme ó Decreto do 11 de marzo de 1949.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2001.

O interventor delegado. O director xeral. A xefa de servicio de Xestión Financeira e Administración.»

E no ángulo inferior esquerdo e rodeada dun círculo, a clase que corresponde segundo o punto IV.

II. Reverso do papel de fianzas.

Levará impreso no centro do xustificante o escudo de Galicia, e a ámbolos dous lados un rosetón coa cantidade pola que o xustificante responda entre os símbolos do euro. No centro da parte superior imprimirase Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Cruzada, desde os ángulos superiores esquerdo e inferior dereito do xustificante, levará unha franxa de cor azul pálida e nos ángulos figurará a numeración, que constará tamén na matriz que queda no talonario.

III. Tamaño.

Tódolos papeis de fianza terán o mesmo tamaño, independentemente do seu valor.

Dimensións:

Longo: 230 mm ó talonario, dos que corresponden 177x95mm ó xustificante e 53x95 mm á matriz perforada.

Largo: 95 mm.

IV. Valor dos papeis de fianzas.

Confeccionaranse papeis de fianzas polos seus distintos valores, establecéndose unha clase para cada un deles, conforme o seguinte detalle:

Clase A: 500 euros.

Clase B: 100 euros.

Clase C: 25 euros.

Clase D: 5 euros.

Clase E: 1 euros.

Os papeis de fianzas agruparanse en talonarios de 100 xustificantes cada un de acordo cos valores e clases expresados, que terán que figurar na cara do talonario.

V. Tintas que deben utilizarse.

Para tódalas clases dúas tintas iguais tipo pantone nas seguintes cores e intensidades:

Anverso: negra para o texto e anagrama do Instituto. Azul 305 para o anagrama da Xunta de Galicia.

Reverso: azul para a franxa e 285 para o escudo e o texto.

Para cada unha das clases:

ClaseFondoRosetón y texto

ARosa pantone 699Vermello pantone Warm red

B 134-U138-U

C 277-U287-U

D 531-U526-U

E 344-U348-U

VI. Tipo de papel.

Será común para tódolos xustificantes emitidos independentemente da súa clase, sendo as súas características:

Gramaxe: 110 grs.

Con marca á auga.

Textura: satinado mate.

VI. Numeración dos talonarios.

Os papeis numeraranse segundo o seguinte detalle:

Talón: cruzado no reverso, na parte superior esquerda e inferior dereita.

Matriz: na parte central do reverso.

Díxitos: compoñeranse de sete, díxitos comezando coa letra correspondente á clase dos efectos, desde:

A desde 0.000.001 ata 0.030.000.

B desde 0.000.001 ata 0.040.000.

C desde 0.000.001 ata 0.040.000.

D desde 0.000.001 ata 0.030.000.

E desde 0.000.001 ata 0.000.020.

Segundo.-O papel emitido comprenderá a primeira emisión en euros de papel de fianzas do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Terceiro.-O papel de fianzas emitido ó amparo desta disposición terá a mesma consideración e efectos que o regulado polo Decreto do 11 de marzo de 1949.

Cuarto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2001

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo