Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 21 de agosto de 2001 Páx. 11.187

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (29/2000).

Pilar Cancela Ramírez de Arellano, secretaria do Xulgado do Contencioso Administrativo número dous da Coruña, dou fe: que no procedemento ordinario

número 29/2000 se dictou resolución que ten como encabezamento e parte dispositiva, copiados literalmente, o teor literal seguinte:

Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña.

Procedemento ordinario número 29/2000.

Sobre: estranxeiría.

Denunciante: Said Dahmani.

Representante: Alberto Varela Sánchez-Caballero.

Denunciado: Delegación do Goberno de Galicia, A Coruña.

Expediente: 492/1998, Resolución 23-3-1999. Denegación da renovación de permiso de traballo.

Auto:

A Coruña, 10 de abril de 2001.

S.Sª acorda:

Declara-lo arquivo do presente recurso contencioso-administrativo, interposto polo letrado Alberto Varela Sánchez-Caballero, en nome e representación de Said Dahmani, contra resolución da Delegación do Goberno en Galicia, en data 23-3-1999, por non comparecer en tempo e forma a parte demandante.

Firme esta resolución devólvase o expediente administrativo con testemuño deste auto e efectuado, arquívese o procedemento.

Notifíqueselles ós interesados, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de apelación admisible nun só efecto no prazo de 15 días, o recurso do cal deberá interporse ante o xulgado mediante escrito razoado que deberá conte-las alegacións en que se fundamente o recurso.

Acordouno e asinouno Fernando Fernández Leiceaga, maxistrado-xuíz, substituto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous desta cidade. Dou fe.

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Said Dahmani, expido e asino o presente edicto na Coruña, o 29 de xuño de 2001.

A secretaria

Rubricado