Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 21 de agosto de 2001 Páx. 11.187

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (47/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 47/2001, (rx. xeral 538/2001), se acordou a citación de Josefa Mouriño Pose, mediante publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz de primeira instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de acollemento familiar nº 47/2001 (rx. xeral 538/2001), que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Josefa Mouriño Pose, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 20 de setembro, ás 10 horas, compareza neste xulgado para práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que así conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto que asino na Coruña o dous de xullo de dous mil un.

A secretaria

Rubricado