Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 21 de agosto de 2001 Páx. 11.188

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (127/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño :

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 127/2001 por instancia

de María Luisa Toral Yáñez, Ramona María Reynoso Saldívar, María José Basanta León, María Rosario Garrido Pérez e María del Carmen Rey López contra a empresa Bupan 2000, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, o 3 de xullo de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuiz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 127/2001, seguidos por instancia de María Luisa Toral Yáñez, Ramona María Reynoso Saldívar, María José Basanta León, María Rosario Garrido Pérez e María del Carmen Rey López, maiores de idade, asistidas pola procuradora Susana Prego Vieito e polo letrado José Manuel Pérez Nieves, contra a empresa Bupan 2000, S.L. que non compareceu en autos; e o Fogasa, representando e asistido pola letrada Mª Paz Gómez Vázquez, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos de fundamentos de dereito.

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta polas demandantes María Luisa Toral Yáñez, Ramona María Reynoso Saldívar, María José Basanta León, María Rosario Garrido Pérez e María del Carmen Rey López contra a empresa Bupan 2000, S.L., intervindo o Fogasa, debo condenar e condeno á empresa a que aboe a cada unha das demandantes a cantidade de 240.453 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xuxtiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Bupan 2000, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 3 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado