Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de poxa.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 2 de xullo de 2001, aprobou as bases que rexen a poxa de dúas casetas da praza de abastos, coas características que a seguir se sinalan:

Número caseta: CE003.

Localización: exterior.

Actividade: xoiería.

Tipo licitación: 500.000 pesetas.

Número caseta: NC043.

Localización: nave I.

Actividade: obradoiro de carnes.

Tipo licitación: 100.000 pesetas.

As ofertas realizaranse mediante poxas á alza sobre o tipo de referencia. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, nos prazos e termos que se sinalan nas bases.

A adxudicación das casetas outórgalle ó adxudicatario o dereito de concesión durante 15 anos prorrogables por un período de 5 anos ata un máximo de 50 anos en total.

As bases están á disposición dos interesados no Negociado de Servicios Básicos, Mercados e Transportes.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2001.

P.D.

Luis Toxo

Tenente de alcalde