Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reparación do pavimento da vía pública M-50-V nos núcleos do Casal-A Amañecida e R-15-V en Vidán.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 24.491.998 pesetas (147.199,87 euros), incluído IVE.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Nova. Rúa Nova de Abaixo, 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación). Praza do Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 13 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: (grupos, subgrupos e categoría):

Grupo G, subgrupo 6, categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (pavillón da Trindade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría).

b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: segundo día hábil, non sábado, seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 15.3.3 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado