Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-414).

Por resolución da Alcaldía 3468/2001, con data do 25 de xuño de 2001, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade urbanística de conservación para o SUNP B-21-R (Icaria 2), no Pazo do Río-Líans, tramitados pola xunta de compensación Icaria 2.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no Diario Oficial de Galicia, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 28 de xuño de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta