Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de xestión do mantemento dos hospitais e centros dependentes deste complexo, e mantemento integral dos edificios e instalacións que constitúen o hospital provincial. (Expediente CP003/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 23 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 103, do 29 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, convoca o seguinte concurso público CP003/2001, polo procedemento aberto e trámite de urxencia:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de xestión do mantemento dos hospitais e centros dependentes do Complexo Hospitalario de Pontevedra: Hospital Provincial, Hospital Montecelo e Centro de Especialidades de Mollabao e mantemento integral dos edificios e instalacións que constitúen o Hospital Provincial por un orzamento máximo de trinta e dous millóns (32.000.000) de pesetas. (192.323,87 euros), imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: un ano a partir da data de formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Montecelo, Mourente, s/n, 5ª planta. 36071 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas,

ou por teléfono 986 80 00 00 (extensión 10344 ou 10345), ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación. Definitiva, o catro por cento do importe de adxudicación, que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Solvencia técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas administrativas (punto 11.1).

8. Clasificación: grupo III, subgrupo 7 ou 5, categoría B.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia Xeral, planta 5ª do Hospital Montecelo de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 3 de agosto de 2001.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra