Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación dun servicio de soporte e mantemento da rede de datos deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 8/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de soporte e mantemento da rede de datos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Orzamento estimado: 36.588.468 pesetas (trinta e seis millóns cincocentas oitenta e oito mil catrocentas sesenta e oito pesetas), IVE incluído, 219.901,12 euros (douscentos dezanove mil novecentos un euros con doce céntimos).

3. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (731.769,36 pesetas - 4.398,02 euros).

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: un ano, desde o 1 de outubro de 2001 ou data da sinatura do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, por mutuo acordo de ámbalas dúas partes, este contrato inicial poderá prorrogarse nos termos establecidos no artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Admisión de variantes: non.

7. Solvencia económica e financeira: xustificarase mediante a acreditación da correspondente clasificación.

8. Solvencia técnica: xustificarase mediante a acreditación da correspondente clasificación.

9. Criterios de adxudicación:

Condicións do servicio ofertado: ata 60 puntos.

Oferta económica: ata 40 puntos.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de contratación administrativa do Hospital Clínico Universitario - A Choupana, s/n 15706 - Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: clasificación económica:

Grupo: III, subgrupo: 3, categoría: B.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente,

no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela - A Choupana, s/n. 15706 - Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2001.

Felipe Casanueva Freijo

Xerente xeral en funcións do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela