Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.067

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (59/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo número 88-89/2001 (execución 59/2001), seguidos por instancia de Jesús Noguerol Noguerol contra a empresa Construcciones Coto Bad, S.L., sobre despedimento, dictouse o auto, co encabezamento e parte dispositiva do cal di: na cidade de Lugo o vinteoito de xuño do ano dous mil. Parte dispositiva: non tendo procedido a empresa á readmisión do traballador Jesús Noguerol Noguerol, como así se acordou en sentencia de data 4 de abril de 2001, é procedente substituí-la obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Construcciones Coto Bad, S.L. e polo dito concepto, a que aboe ó demandante a cantidade de cincocentas oito mil oitocentas setenta e nove pesetas (508.879 pesetas). Igualmente debo condenar e condeno á referida empresa a que aboe ó traballador Jesús Noguerol Noguerol polo concepto de salarios deixados de percibir desde

a data de notificación da sentencia ata a desta resolución a cantidade de corenta e unha

mil duascentas oitenta e tres pesetas (41.283 pesetas). Declárase extinguida a relación laboral que unía ó traballador Jesús Noguerol Noguerol e a empresa Construcciones Cobo Bad, S.L. desde a data da presente resolución. Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra esta cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de cinco días.

Non tendo procedido a empresa á readmisión do traballador Jesús Noguerol Noguerol, como así se acordou en sentencia de data 4 de abril de 2001, é procedente substituí-la obriga de readmitir por indemnización, e en consecuencia, debo condenar e condeno á empresa Construcciones Coto Bad, S.L., e polo dito concepto, a que aboe ó demandante a cantidade de cincocentas oito mil oitocentas setenta e nove pesetas (508.879 pesetas). Igualmente debo condenar e condeno á referida empresa a que aboe ó traballador Jesús Noguerol Noguerol polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data de notificación da sentencia ata a desta resolución a cantidade de corenta e unha mil duascentas oitenta e tres pesetas (41.283 pesetas).

Declárase extinguida a relación laboral que unía ó traballador Jesús Noguerol Noguerol e empresa Construcciones Coto Bad, S.L., desde a data da presente resolución. Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra esta cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de cinco días. Así, por este meu auto, acórdao, mándao e asínao Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo.

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Coto Bad, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 28 de xuño de 2001.

Rubricado