Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.067

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (76/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 76/2001 (execución 44/2001), seguidos por instancia de Begoña Rivas Vázquez contra a empresa Construcciones Galastur,

S.L.U., sobre despedimento, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Na cidade de Lugo o vinteseis de xuño do ano dous mil. Parte dispositiva.-Non procedendo a empresa á readmisión da traballadora, como se acordou na sentencia con data do 13 de marzo de 2001, é procedente substituí-la obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Construcciones Galastur, S.L.U., e polo dito concepto, a que lle aboe á demandante a cantidade de duascentas vintedúas mil oitocentas cincuenta e cinco pesetas (222.855 pesetas). Igualmente debo condenar e condeno á referida empresa a que lle aboe á traballadora polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data de notificación da sentencia ata a desta resolución, a cantidade de cento sesenta de tres mil catrocentas pesetas (163.400 pesetas). Declárase extinguida a relación laboral que unía a traballadora Begoña Rivas Vázquez e a empresa Construcciones Galastur, S.L.U., desde a data desta resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días.

Así, por este meu auto, acórdoo, mándoo e asínoo María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un de Lugo. Rubricado.»

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Galastur, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o vinteseis de xuño de dous mil un.

Rubricado