Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.067

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (792/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número uno da Coruña, fago saber que nos autos nº 792/2000 seguidos por instancia de Julio Pérez García contra Ausoco, S.L. e outras sobre accidente, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 29-3-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando a demanda interposta por Julio Pérez García, contra o Instituto Nacional da Seguridade social, a Mutua Ibermutuamur, a empresa Ausoco, S.L. e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo absolver e absolvo os ditos demandados dos pedimentos contidos na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, conta a referida sentencia, cabe o recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia, cos requisitos esixidos no artigo 191 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Ausoco, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Sanjurjo de Aricarte, 24, O Burgo, Culleredo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado