Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.066

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (152/1999).

Por telo así acordado a maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un da Coruña María Antonia Rey Eibe, en providencia do día da data, recaída na execución número 152/1999 (autos nº 349/1999), seguida por instancia de Consuelo García Fuentes, contra Mercedes Fernández Mato e sobre salarios, e co fin de obte-la cantidade de 930.012 pesetas de principal, máis 90.000 pesetas, calculadas provisionalmente en concepto de custas e xuros, pola que se dictou autor de execución, contra o condenado, polo presente edicto anúnciase a venda en pública poxa que terá lugar o día cinco de outubro, ás doce trinta horas, na sala de audiencia deste xulgado (no primeiro piso do edificio dos xulgados, r/ Monforte nº 1 A Coruña), dos seguintes bens propiedade do condenado:

1. Monte Tallón de Serantes.

Predio na parroquia de Fao-Pena, linda ó norte, propiedade de Antonio Couto; sur, propiedade de José Louzao Pallares; leste, propiedade de herdeiros de Ramón Varela; e oeste, propiedade de Manuel Vilas Cao.

Superficie: 00328 ha. Referencia catastral: 150860000005000569 FR.

Valorada en: 54.600 pesetas.

2. Monte As Penas do Monteiros.

Predio na parroquia de Fao-Pena, linda ó norte, José Fernández Puga; sur, propiedade descoñecida; leste, herdeiros de Manuel Esturao; e oeste, estrada que une as parroquias de Vilas e Calvos.

Superficie: 1.070 metros cadrados.

Valorada en 64.200 pesetas.

3. Monte Barranca da Tenza.

Predio na parroquia de Fao-Pena. Linda ó norte, propiedade de herdeiros de Manuel Esturao; sur, propiedade de Concepción Barreiro; leste, propie

dade de Manuel Fernández Puga; e, peste, herdeiros de Juan Puga.

Superficie: 4.288 metros cadrados.

Valorada en 532.200 pesetas.

O prego de condicións e requisitos para tomar parte na poxa están supostos no taboleiro de anuncios do xulgado e do Concello de Touro.

E para a súa publicación no DOG, expido e asino este edicto na Coruña o 21 de xuño de 2001.

Agustín Ignacio Pena López

Secretario xudicial