En cumprimento do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, Sonia María Cartamil Obelleiro, no xuízo verbal de faltas número 238/2000, que se segue neste xulgado por circular sen seguro obrigatorio,
cítese en legal forma a Juan Manuel Fernández Quintáns, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 19 de setembro ás 9.45 horas, compareza perante a Sala de Audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndolle que de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que interese valerse.
E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia expido e asino a presente cédula en Ribeira, 19 de xullo de dous mil un.
O secretario
Rubricado