Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.066

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (43/2000).

En cumprimento do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, Sonia María Cartamil Obelleiro, no xuízo verbal de faltas número 43/20000 que se segue neste xulgado por furto, cítese en legal forma a Luis Alberto Barreiro Rego, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 19 de setembro, ás 10 horas, compareza perante a sala de audiencia desde xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advetíndollo que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que interese valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia expido e asino a presente cédula en Ribeira dezanove de xuño de dous mil un.

O secretario

Rubricado