Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria do día 19 de xullo do ano 2001, adoptou por unanimidade o acordo que ten a seguinte parte dispositiva:

a) Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Porriño, en Torneiros (Genentech España, S.L.).

b) Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP; así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e, ó mesmo tempo, darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exem

plares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integren a modificación sobre os que recaeu este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito extremo.

d) A eficacia desta aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no citado artigo 48 da Lei do solo de Galicia, e no 70.2º da Lei reguladora das bases de réxime local.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, significando que contra o acordo anteriormente expresado, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-los recursos seguintes:

A) Directamente o contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seginte ó da publicación desta resolución (artigo 306 do RDL 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo de ordenación urbana).

B) Sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro que considere procedente.

O Porriño, 28 de xullo de 2001.

José Manuel Barros González

Alcalde