Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento do acordo adoptado pola Alcaldía-Presidencia, do 6-8-2001, anúnciase a seguinte contratación, con tramitación urxente, por procedemento aberto e concurso:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de remodelación da planta baixa da Casa do Concello de Sada.

2. Duración do contrato: 3 meses.

3. Tipo de licitación: 10.546.253 pesetas (63.384,26 euros).

4. Pago: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida 121.72.62201 do orzamento de 2001.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

7. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

8. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación.

9. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

Sada, 6 de agosto de 2001.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde