Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 12 de xuño de 2001, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Plan parcial sector S.08.Ames, este quedará exposto ó público polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público conforme o establecido no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 27 de xullo de 2001.

Xosé Astray Lorenzo

Alcalde