Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal de Carballo, en sesión que tivo lugar o día 7 de agosto de 2001, acordou aproba-la ampliación do prazo de exposición ó público do Plan Xeral de Ordenación Municipal por tempo dun mes máis, rematando o dito prazo o día 28 de setembro de 2001.

O expediente seguirá exposto ó público no mesmo lugar onde se atopa actualmente (antigas escolas do xardín), durante o novo prazo indicado, co obxecto de que calquera persoa interesada poida presenta-las alegacións que considere oportunas.

Carballo, 8 de agosto de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde