Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de consultorías e asistencias e de servicios, polo procedemento aberto, para o servicio de limpeza do centro Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, incluíndo o edificio anexo do Hotel de Pacientes, pertencente ó Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña e servicio de limpeza do centro Hospital Teresa Herrera, pertencente ó mesmo complexo hospitalario (C. 166 e 167/2001).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes,

resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, planta terceira do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concursos públicos de consultorías e asistencias e de servicios.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (Clasificación estatística dos productos por actividades):

Servicio de limpeza do centro Hospital Juan Canalejo incluíndo o edificio anexo do Hotel de Pacientes, pertencente ó Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, C. 166/2001.

Orzamento total: 1.054.466.112 ptas., 6.337.468,97 euros (IVE incluído).

Servicio de limpeza do centro Hospital Teresa Herrera pertencente ó Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, C. 167/2001.

Orzamento total: 391.900.680 ptas., 2.355.370,52 euros (IVE incluído).

c) Indicacións relativas a posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: non existen lotes.

4. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo, (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono 981 17 80 73. Fax 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 16 de agosto de 2001.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 23 de agosto de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. As 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación. Definitiva del 4% do importe de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes a situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo proveedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mantela súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admite a presentación de variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 7-11-2000.

17. Data de envío do anuncio: 18 de xullo de 2001.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 13 de xullo de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo- Marítimo Oza da Coruña