Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 10.987

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001 sobre delegación de atribucións no director xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Economía e Facenda.

O artigo 8 do Decreto 118/2001, do 10 de maio, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma en materia de mediación en seguros privados establece no seu punto primeiro que o diploma de mediador de seguros titulado expedirao o conselleiro de Economía e Facenda. Dado o elevado volume de expedientes de solicitude do diploma de mediador de seguros titulado que se están a tramitar e co obxecto de evitar unha concentración excesiva de tarefas, considérase que é necesario establecer un procedemento que permita unha maior eficacia administrativa seguindo o criterio de celeridade nas actuacións e resolucións administrativas sen mingúa das garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos postula.

Na súa virtude, de acordo co artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e facendo uso das facultades que me confiren os artigos 43.3º e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

Primeiro.-Delegar no director xeral de Política Financeira e Tesouro a resolución de tódolos expedientes de expedición do diploma de mediador de seguros titulado.

Segundo.-As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida nesta resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que as conferiu.

Terceiro.-En calquera momento, o conselleiro poderá revoga-lo exercicio das facultades que son delegadas por esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda