Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Contratación por poxa, procedemento aberto, do proxecto de construcción de arquivo municipal.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obxecto do contrato: construcción de arquivo municipal, segundo proxecto do arquitecto Carlos Rosón Gasalla.

Prazo de execución: cinco meses.

Tramitación: ordinaria.

Tipo de licitación: 24.144.079 pesetas, equivalentes a 145.108,84 euros.

Garantía provisional: 482.481 pesetas (2.899,77 euros).

Garantía definitiva: o 4% da adxudicación.

Obtención de documentación: na Secretaría Xeral.

Información: chamando ó Concello da Estrada, telf.: 58 01 65, extensión 320.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na oficina de plicas da Secretaría Xeral, das 9 ás 13 horas.

Presentación de ofertas en dous sobres: no sobre 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo.

Apertura, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Os pregos íntegros publicaranse no BOP e remitiranse por fax ós que o soliciten.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 18 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado