Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Contratación por poxa, procedemento aberto, do proxecto de depuradora e rede de sumidoiros en Xerlís.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obxecto do contrato: obras de rede de sumidoiros e construcción de depuradora en Xerlís incluídas no proxecto do enxeñeiro Alfonso Enríquez Moure.

Prazo de execución: catro meses.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: poxa.

Tipo de licitación: 10.491.000 pesetas, equivalentes a 63.052,18 euros.

Garantía provisional: 209.820 pesetas (1.261,04 euros).

Garantía definitiva: o 4% da adxudicación.

Obtención de documentación: na Secretaría Xeral.

Información: chamando ó Concello da Estrada, telf.: 57 01 65, extensión 320.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na oficina de plicas da Secretaría Xeral, das 9 ás 13 horas.

Presentación de ofertas en dous sobres: no sobre 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo.

Apertura, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Os pregos íntegros publicaranse no BOP e remitiranse por fax ós que o soliciten.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 18 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado