Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Contratación por concurso, procedemento aberto, do proxecto de pavimentación e capa de rodadura en camiños rurais, PAM/2001.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obxecto do contrato: pavimentación de caminos incluídos no proxecto do enxeñeiro técnico municipal Sr. Brea Villaverde, máis as melloras que se poidan ofertar.

Prazo de execución: catro meses.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Tipo de licitación: 40.900.000 pesetas, equivalentes a 269.854,43 euros.

Garantía provisional: 898.000 pesetas, equivalente a 5.397,09 euros.

Garantía definitiva: o 4% do prezo do contrato máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas.

Obtención de documentación: na Secretaría Xeral.

Información: chamando ó Concello da Estrada, telf.: 57 01 65, extensión 320.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na oficina de plicas da Secretaría Xeral, das 9 ás 13 horas.

Presentación de ofertas en dous sobres: no sobre 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo. Sobre 3: melloras ó proxecto, en realización doutros accesos segundo anexo ó proxecto e valoración que se fixa no prego.

Apertura, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Os pregos íntegros publicaranse no BOP e remitiranse por fax ós que o soliciten.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 16 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado