Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMOEIRO

ANUNCIO da aprobación inicial do escudo heráldico do Concello de Amoeiro.

O Pleno do Concello de Amoeiro, en sesión celebrada o día 14 de xuño de 2001, prestou aprobación inicial ó escudo heráldico do Concello de Amoeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 2.2º do Decreto 369/1998, do 10 de decembro, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o mencionado acordo queda sometido ó trámite de información pública nas oficinas municipais polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que se poidan efectuar alegacións que serán resoltas polo pleno da corporación.

Amoeiro, 26 de xuño de 2001.

Manuel Fernández Rincón

Alcalde