Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración de material e medios de laboratorio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente:Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material e medios de laboratorio, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que se van entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.

c)División por lotes e número: 22 lotes.

d)Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: o que se figura no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento: 219.900.000 pesetas, IVE incluído (1.321.625,62 euros).

(Lote 1: 6.500.000 pesetas; lote 2: 2.500.000 pesetas; lote 3: 1.300.000 pesetas; lote 4: 1.800.000 pesetas; lote 5: 2.000.000 de pesetas; lote 6: 3.500.000 pesetas; lote 7: 16.500.000 pesetas; lote 8: 1.800.000 pesetas; lote 9: 9.400.000 pesetas; lote 10: 3.500.000 pesetas; lote 11: 12.000.000 de pesetas; lote 12: 14.000.000 de pesetas; lote 13: 1.600.000 pesetas; lote 14: 5.000.000 de pesetas; lote 15: 54.000.000 de pesetas; lote 16: 2.400.000 pesetas; lote 17: 7.500.000 pesetas; lote 18: 6.600.000 pesetas; lote 19: 4.900.000 pesetas; lote 20: 48.000.000 de pesetas; lote 21: 7.800.000 pesetas; lote 22: 7.300.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% de cada lote.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria (Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 82.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas termina o día 24 de setembro ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c)Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo duranteo cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidade de variantes.

Por lotes: 22; admítense variantes técnicas pero unha soa oferta económica por cada lote.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 5 de outubro de 2001.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria