Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se somete a información pública do Plan sectorial da rede viaria da Coruña, Cambre, Arteixo, Culleredo e Oleiros, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de xullo de 2001.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 19 de xullo de 2001, declara-lo Plan rede viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Olei

ros, como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da citada lei e no artigo 13.2º do decreto dictado en aplicación desta, sométese a información pública o Plan rede viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros, por un prazo de dous meses contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para o fin de que os interesados poidan examinalo, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no servicio provincial de estradas da Coruña e nos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros, e presentar ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Director xeral de Obras Públicas