Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expediente: 17-3-2001.

2. Obxecto do contrato e orzamento de licitación:

a) Descrición do obxecto: a execución da seguinte obra: estación de tratamento de auga potable en Landoi-Feás.

b) Lugar de execución: Concello de Cariño.

c) Prazo de execución (meses): seis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Concurso, con procedemento aberto, tramitación urxente.

4. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación (566.181 pesetas).

5. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Cariño, praza da Pulida, s/n, 15360 Cariño. Teléfono: 981 40 50 64. Fax: 981 40 50 29.

6. Clasificación do contratista:

Non se esixe.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contado desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación requirida presentarase tal como se indica no punto nº 12 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación por concurso, con procedemento aberto, das obras incluídas en plans provinciais (BOP nº 78, do 4-4-2001).

c) Lugar de presentación: Concello de Cariño (rexistro xeral), praza da Pulida, s/n, 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (artigo 89 do TR da LCAP).

8. Apertura das ofertas:

Data: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

9. Gastos dos anuncios:

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Cariño, 1 de agosto de 2001.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde