Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de saneamento e abastecemento na estrada desde o grupo escolar ó cemiterio de Cela. Prazo 3 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo licitación: 11.258.463 pesetas (67.664,73 euros), IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 450.338 pesetas.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10, 36930 Bueu (Pontevedra). Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 26 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 8 á 14 h, de luns a venres, de 9.30 a 13 h os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 11 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B denominados de «Documentación xeral», e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 11 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 h do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Bueu, 25 de xuño de 2001.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde